lunes, 22 de febrero de 2010

Xerión

Aqueles que nos deixan atrás
Xerión

No espertar dunha vermella mañá
de morte negra, negras novas
pérdese no ar o tremor da compaña
estou só, ser Nada
sen recordos que me guíen quedo
no hourizonte incerto da miña existencia
trala lenta agonía de bágoas que se cravan ,
ser Eterno, no valeiro ollar da morte
me consumo paseniñamente
sen o vello tempo que deteña
a aqueles que nos deixan atrás

http://www.youtube.com/watch?v=Z8gXv_bKyA8

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.